O 75 % dos palestinos pensa que Israel non ten dereito a existir.
Entre o 12-15 de febreiro, Near East Consulting (NEC) realizou unha
enquisa telefónica a máis de 1600 palestinos seleccionados ao azar, en
Cisxordania, Gaza e Xerusalén. A marxe de erro é de +/- el 3.4%.
-O 51% dos palestinos se sinte menos seguro desde as eleccions de
xaneiro de 2006, comparando co 48% do mes pasado, e o 44% de decembro
de 2006.
-A maioría de palestinos (o 85%) dos Palestinos están moi preocupados
(o 55%) ou algo preocupados (o 30%) sobre a situación actual en
Cisxordania e Gaza. Esto constitue un descenso do 6% desde a enquisa de
xaneiro de 2007.
-A pesar do recente acordo obtido na Meca entre Hamas e Al Fatah, o 75%
segue sentindose inseguro con respecto a si mesmos, ás súas familias, e
ás súas propiedades. (1% máis desde a enquisa de xaneiro de 2007).
-O 82% dos palestinos cre que a Fuerza Executiva debería ser integrada
dentro das outras Forzas de Seguridade palestinas (+3% desde xaneiro).
-Mentras que na enquisa de xaneiro de 2007 do NEC, o 43% de palestinos
crían que unha guerra civil era probable, desde o acordo da Meca o 77%
pensa que a probabilidade disminuiu, o 8% cre que a probabilidade
aumentou, e o 15% cre que é a mesma.
O acordo da Meca e os futuros acontecementos:
-Unha maioría aplastante dos palestinos (o 94%) apoia o acordo da Meca.
O 79% cre que o acordo da Meca se mantenrá. Igualmente, o 79% cre que o
goberno de unidade previsto na Meca terá éxito.
-O 63% cre que o embargo contra a Autoridad Nacional Palestina será
levantado. O 20% cre que Fatah é o máis beneficiado do acordo da Meca,
mentras que o 19% cre que foi Hamas. O 38% cren que ambos
beneficiaronse por igual.
Grupos e líderes:
-O 51% confía en Mahmmoud Abbad e o 49% confía en Ismail Haniyeh.
-Outras personalidades que reciben a confianza dos palestinos incluen
a: Marwan Barghouti (o 16%), Khaled Mashaal (o 9%), Mustafa Barghouti
(o 8%), e Mohammad Dahlan (o 6%). Ainda que o seu nome non fora
incluído na listaxe de personalidades palestinas, o 9% todavía tiña
confianza no antigo presidente Yasser Arafat.
-O 34% dos preguntados coloca a súa confianza en Fatah (un 6% menos que
na enquisa de xaneiro de 2006), o 28% confía en Hamas (comparado co 26%
de xanaeiro), mentras o 33% non confía en ningunha facción (un aumento
do 6% desde o mes pasado).
O contexto palestino israelí:
-O 70% apoia un acordo de paz con Israel, comparado ao 72% na enquisa de xaneiro de 2007 e o 77% en decembro de 2006.
-O 51% cre que Hamas debería cambiar a súa posición acerca da
eliminación de Israel (un descenso de 5% desde xaneiro de 2007, e o 10%
desde decembro de 2006).
-O 63% dos palestinos cre que Hamas debería usar todos os seus esforzos para alcanzar un acordo de paz con Israel.
-O 26% cre que os palestinos ten un compañeiro de paz en Israel. Esto
indica unha tendencia cara descendente desde decembro de 2006 (o 30%),
e novembro de 2006(el 36%). O resultado reflecte a diminución na
creencia dos palestinos de que Israel é un compañeiro para a paz desde
agosto de 2006 (Data na que principiou a guerra de Israel contra
Hezbollah).
-Mentras que o 75 % dos palestinos pensa que Israel non ten dereito a
existir, o 70% apoia a solución de un único Estado na Palestina do
mandato británico, onde os xudeus, os musulmans e os cristians vivan
xuntos en igualdade de dereitos.
http://www.blogoteca.com/israel/index.php?cod=9879