Despois de ter sido pioneira en ter unha gobernante muller, a lendaria
Golda Meir, Israel podería estar por incorporarse a unha nova tendencia
mundial que pon ás mulleres á vangarda do liderazo mundial, con
candidatas coma Tzipi Livni e Yuli Tamir. Israel é un país complexo.
Pequeno, compacto, pero moi difícil de manexar. É case un Seat 600. Na
súa curta historia se destacaron nel varios líderes importantes que
levaron este case milagroso proxecto adiante, a pesar das enormes
dificultades e vicisitudes, e que incluso polas súas cualidades,
sobresaíron a nivel mundial. Pero desde hai un tempo, o tema do
liderado político israelí, pasa por unha crise sen parangón. Nunha
sorte de voráxine continuada, múdanse os líderes, múdansee os
gobernantes, múdanse as ideas, pero non se albisca no horizonte unha
solución estábel e satisfactoria a esta dura crise.
Nos últimos tempos, non abondaba con que os principais líderes e
personalidades políticas do país (a partir do primeiro ministro ate
ministros e altos funcionarios), estivesen acusados ou fosen
sospeitosos de escándalos de corrupción varios, senón que ultimamente,
o procurador xeral do país presentou formalmente a carta de acusación
contra o Presidente do estado, Moshé Katzav, por delitos de acoso
sexual e subornos.
Se ben todas estas acusacións teñen algo en común -involucran a altas
personalidades da esfera política- e manchan o bo nome das institucións
israelís, hai outro factor común que poucos teñen notado e resaltado:
entre os acusados non hai mulleres. Quere isto dicir que as mulleres
son menos corruptibles que os homes? Segundo unha enquisa de opinión
realizada entre os votantes do partido de goberno Kadima recentemente
publicada, en caso de ter que elixir un novo líder do partido, a actual
Ministra de Relacións Exteriores, Tzipi Livni, leva claramente a
dianteira nas preferencias dos votantes por unha ampla marxe. Da outra
beira da ponte, dentro do outro partido de goberno Avodá (Partido
Laborista) coa paupérrima perfomance dos seus lideres e altos
funcionarios (comezando polo xefe do partido e Ministro de Defensa de
Israel, Armand Peretz e seguindo co resto dos seus correlixionarios) en
onde a gran maioría non saen moi ben parados nas sondaxes de opinión, a
única que se desataca positivamente é a actual Ministra de Educación, a
profesora Yuli Tamir.
A carreira ao tronoÉ sabido que en Israel o refrán "O rei morreu, que viva o rei!" non ten
moita barra de apoio, e antes que "morrese o rei" (ou sexa, agardar a
renuncia ou destitución do actual Presidente), xa comezou a carreira
polo "trono" dos posíbeis candidatos ao reinado. Entre estes tópanse o
nunca ben ponderado e sempiterno Shimón Peres, candidato por Kadima e
que perdeu na anterior contenda fronte ao actual Moshé Katzav, pero que
esta vez -non como outras?- se estima que ten boas posibilidades; Rubén
Rivlin, candidato polo Likud e anterior presidente da Knesset; e unha
muller (talvez a primeira Presidenta do Estado?) a deputada Colette
Avital, do Partido Laborista e anterior Ministra do goberno, aínda que
actualmente sen posibilidades reais de éxito. Na curta historia do noso
país, houbo unha soa oportunidade en que a xefatura do goberno estivo
ocupada por unha muller: foi en ocasión da súbita morte de Levi Eshkol
e o adiantamento das eleccións, nas que Golda Meir (Primeira
embaixadora de Israel na URSS e ex Ministra de AA.EE.) foi elixida para
o cargo de Primeira Ministra entre os anos 1969-1974. Non sen algo de
sorna, comentábase nese entón que Golda, era a muller cos "pantalóns
mellor postos" de todo o goberno. Golda Meir foi unha das primeiras
Primeiro Ministro do mundo (despois da recoñecida e tráxica Indira
Ghandi na India) e a primeira gobernante feminina do Medio Oriente
xunto á notables (aínda que bastante mais tardías) excepcións de Tansu
Ciller en Turquía e Benazir Bhutto en Paquistán a fins dos 80's e
principios dos 90's. Israel é un país que se creou sobre unha forte
base ideolóxica e cuxas concepcións político–culturais son modernas e
liberais: é un país cunha forte e moi arraigada tradición democrática,
progresista nas súas realizacións, cunha sociedade multicultural,
igualitarista e pluralista, o que o sitúa no lugar dun selecto grupo de
países do mundo onde unha muller ten posibilidades reais de dirixir os
seus destinos. E non crea o lector que isto é unha característica
exclusiva de países "occidentais e civilizados". Hoxe en día son
mulleres as que gobernan en países tan disímiles como: Filipinas,
Mozambique, Sri Lanka, Santo Tome e Príncipe, Liberia, Letonia e
Bangladesh. Ángela Merkel, chanceler de Alemaña; Helen Clark, primeira
ministra de Nova Celandia; Tarja Halonen presidenta de Finlandia;
Michelle Bachelet de Chile ou Mary McAleese de la República de Eire, se
destacan entre outras tantas mulleres que ocupan altos cargos políticos
en distintas partes do orbe, e sumado a estas, a gran influencia que
irradian na actualidade as dúas candidatas presidenciais que xa están
en carreira ao poder: Hillary Clinton en EE.UU. e Sególene Royal en
Francia, permítennos certa marxe de especulación, xa que sabemos que
moitos destes procesos político–sociais nesta era de globalizacións,
danse en cadea ou contáxianse o un do outro.
Mulleres con visiónAo meu modesto entender, unha das fallas máis graves da dirixencia
política contemporánea en Israel, é a súa falta de visión, de
planificación estratéxica, de concepción de mundo. Actúase en función
de decisións tácticas, puntuais, de reacción inmediata, sen ver nin
pensar na consecuencias a longo prazo dos actos de hoxe. Tanto Livni
como Tamir deron mostras suficientes, no seu relativamente curto pasado
político, de ter unha cosmovisión un moito máis ampla de horizontes que
os seus correlixionarios masculinos: Tzipi Livni salientou xa hai uns
anos cando exerceu o cargo de Ministra de Xustiza, cando revolucionou,
como fai agora no de Ministra de AA.EE., a vella e anquilosada
estrutura do ministerio ao seu cargo, con propostas de cambio moi
ambiciosas e serias, e xunto a iso, as súas posturas e declaracións
políticas racionais e ben fundadas respeto a moitos temas da realidade
nacional e internacional. Pola súa banda, Yuli Tamir que sempre foi
considerada unha persoa lúcida e coherente nos aspectos da súa vida
publica, propuxo hai pouco volver a trazar a antiga Liña Verde (liña de
armisticio e separación de forzas entre Israel e Xordania trala Guerra
do '48) nos libros de texto escolares, sob a hipótese de que estas son
as fronteiras recoñecidas de Israel e non se pode ensinar xeografía aos
alumnos israelís sen limites demarcatorios claros. Por suposto á
dereita israelí "saltáronlle os tapóns" e acusaron á ministra de tomar
unha decisión "política" e de "ultraesquerdista", pero o certo é que
por vez primeira desde 1967, un ministro de Educación "ponse os
pantalóns" e se anima a expresar unha postura educativa clara respecto
ao espiñento tema, máis alá de estar de acordo ou non con ela. Estamos
sendo testemuñas dunha tendencia de irrupción de gran cantidade de
mulleres nas altas esferas políticas a nivel mundial. Este proceso de
igualdade se ve animado, sen dúbida, pola crise xeral que afecta aos
anteriores gobernantes por doquier. É de salientar, que a
representación feminina na escena política israelí, non é un fenómeno
fóra do común ou novo: a actual presidenta da Corte Suprema de Xustiza
– Dorit Veinish - pertence a devandito sector, 27 representantes de
nosa Knesset (un 25% do total de deputados) son mulleres, entre elas
unha de orixe árabe – Nadi Hilu , do Partido Laborista- e ate houbo
unha na anterior periodo parlamentar pertencente ao Mafdal (partido
relixioso ortodoxo), a actíva e recoñecida Guila Finkelstein. O
monopolio masculino do poder hai tempo deixou de ter xustificación, e o
mundo político masculino non é en absoluto sinónimo de bo goberno.
Israel se destacou na súa curta historia por ser un país de vangarda en
varios aspectos. Será que tamén esta vez tomará unha postura de
avanzada e se sumará ao aínda reservado pero crecente círculo de países
con gobernantes mulleres, e que unha próxima contenda electoral entre
as candidatas Tzipi Livni e Yuli Tamir, sexa a curto prazo a salvación
da clase política en Israel?